As Bacantes é un eloxio ao alcol e ás baixadas ao inferno. Aludindo aos personaxes mitolóxicos, con cita á Bacanal dos Andrios (Tiziano), as Bacantes abordan o tema da autodestrución como experiencia catártica e liberadora. A obra fai dialogar dous planos diferenciados: Un traballo de representación que conecta coa presenza do dionisiaco como tema recorrente na historia da arte, elemento consubstancial á experiencia de vida e tamén ás artes en si mesmas. A outra parte compona, máis aló do marco albertiano, unha mesa cunha instalación de pezas de cerámica e trevo xerminado en referencia á confrontación entre a impermanencia da forma e a permanencia do desexo, ao novo que nace tras a destrución.

NatashaLelenco_LasBacantes_2019_ 200x180cm+InstalacionMesa_MedidasVariables (1)MMM copia copia.jpg