SOBRE MIN

Son unha moldava amoldavada a Galicia. Nacín en 1982 na cidade de Chisinau, Moldavia e despois dunha época de estudos en Rumanía, dende 2009 pérdome e atópome nestas terras galegas. Dende que lembro ter uso da razón, as artes foron sempre para min unha prioridade. En Rumanía, licencieime na Facultade de Artes Visuais de Cluj-Napoca, campus de Oradea, e aquí en Galicia, fun adicando progresivamente máis tempo ao meu proxecto artístico e hoxe traballo exclusivamente nel.

A miña práctica artística é figurativa e enfócase principalmente no humano, entendendo o humano como parte da vida e non como o seu centro; mediante temas como a identidade, a auto-consciencia, a casualidade na formación do valor das cousas e da vida mesma. O meu traballo ata este punto materialízase en series autónomas onde a narrativa e o formato van da man, a miúdo a partir dun xogo plástico de repeticións, xuxtaposicións de cores, deformacións a favor do verismo psicolóxico e uso arbitrario de elementos e recursos que teño no meu estudio.

Unha das constantes no meu traballo é a creación de paneis que a través do uso repetitivo de representacións crean unha narrativa. O elemento visual da repetición, especialmente na forma de retratos, é unha obsesión gráfica para min, que captura un mundo no que a serialidade é unha característica definitoria. Para a súa representación con frecuencia acudo á arte popular, a publicidade e ao kitsch. A imaxe final é a miúdo tráxico-cómica.

Con frecuencia o meu traballo articúlase en torno a narrativas que se materializan en pezas que a miúdo buscan funcionar de forma dual: conxuntamente e de forma independente. Aínda que a miña linguaxe primaria é pictórica, acostumo a introducir elementos performativos e, ás veces lúdicos que buscan ofrecer ao espectador a posibilidade de formar parte, coa súa implicación, na creación da obra de arte.

CV

  • 2006 Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Arte e Deseño de Cluj-Napoca, Cluj-Napoca, Romanía.


Exposicións en grupo (selección)

  • PROXIMAMENTE. Get Out your Skull 2.0. The Netherlands and Belgium. 10dence Platform.

  • 2024. La Frontera. The Border. Irving Museum & Archives. Dallas. Texas. Curated by Jorge Baldor - Latino ArtProjects. (22M - 15A).

  • 2024. Salón de Refusées. Krautart Artspace. Berlin

  • 2023 - 22.  Imaxinaria. IV Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea. A Fundación Sede Santiago de Compostela e A Fundación Sede A Coruña.

  • 2022. Scout. Group Show. Gallery Heike Ardnt DK. Kettinge. Dinamarca.

  • 2022. Fresh Legs. Group Show. Gallery Heike Ardnt Berlin. Berlin. Alemania.

  • 2022 Nordart 2022, International Art Exhibition. Büdelsdorf. Alemania.

  • 2021. Tijuana Triennial. I Internacional Pictórica. CECUT. México.

  • 2019. Hybrid Festival. Proxecto convidado. Sala Alfama. Madrid.

  • 2019. Nordart 2019, International Art Exhibition. Büdelsdorf, Alemania.

  • 2019. Justxl Art Fair. Dos Carrís Museum, Lisboa, Portugal.

  • 2019. Hybrid Art Fair. Hotel Petit Palace Santa Bárbara. Madrid.

  • 2018. XXI Premio Certame de artes plásticas El Brocense. Cáceres.

  • 2018. Duo Show con Luisa Álvarez. Casa das Peritas, Fisterra.

  • 2018. Arts Libris Barcelona 2018. Center d'arts Santa Monica. Barcelona. Spain.

  • 2018. Hybrid Art Fair. Hotel Petit Palace Santa Bárbara. Madrid.

 

Exposicións Individuais

  • 2022 - 21. Fetishes. Galería La Doce, Boiro. España.

  • 2017. Poxecto Señores Importantes. Performance Queima. Casa das Peritas, Fisterra. España.

  • 2017. Adopta un Señor Importante Mostra itinerante: El Cercano, Ourense; Os Catro Gatos, Santiago de Compostela; La Ferretería, Lugo; Casa das Peritas, Fisterra; Galería La Doce, Boiro. España.

  • 2015. Pamântesti. Ribadavia Museo Etnolóxico Ribadavia. España.

  • 2014. Pamântesti. Instalación Site Specific on marco do festival  Outono Fotográfico. Ourense. España.

  • 2012. Pamântesti. Sala Mitte. Barcelona. España

 

Comisariado e emprendemento

  • 2022 – Comisariado da exposición itinerante 30 anos con Mofa e Befa. Pazo da Cultura de Carballo.

  • 2017- Actualidade. Impulsora e comisaria do proxecto Casa das Peritas, Galería ocasional, espazo de produción e exhibición artística no rural da Costa da Morte. Mallas, Fisterra. Comisariado de accións con artistas como María Magán, Luisa Álvarez, Mónika Molenda, Francisco Remisiero, José Díaz, Catuxa Salom, Suso Alonso e Blanca Cendán.

Premios e residenciais

  •  2022. Ras de Terra. New European Bauhauss. Cáceres. España. Justmad 2022 Premio Residencia.


Publicacións

  •  Gran Libro dos Señores Importantes . Casa das Peritas, Editora Agrimensora 2017. GL // ES // EN. ISBN. 978-84-697-7322-2.

  • Fin da Terra Costa da Morte. Dez postais de Natasha Lelenco . Casa das Peritas, Editora Agrimensora 2015. GL // ES // EN. ISBN. 978-84-608-1286-9.

  • Kara.  Why Go Vigo, 2013. GL. ISBN 978-84-616-9012-1.