ARTE E VERMÚ NA CASA DAS PERITAS. OPEN STUDIO CON NATASHA LELENCO E LUISA ÁLVAREZ DE 13/07 A 02/09

cartaz con petroniweb.jpg

GAL // ES

Este verán, A Casa das Peritas (Mallas, Fisterra) volve abrir as súas portas, nesta ocasión cunha proposta expositiva que amosa últimos traballos de Natasha Lelenco (Chisinau-Fisterra) e a arte lumínica de Luisa Álvarez (Madrid-Ourense).

A mostra pode visitarse do 13 de xullo ao 2 de setembro os venres, sábados e domingos entre as 12:00 h e as 14:00 h. O Open Studio quere ser unha proposta artística que vai mais alá do visual e que completará a experiencia co sabor do vermú. Vermutería de Galicia patrocina a exposición convidando aos visitantes a maridar a experiencia artística co sabor dos seus vermús St. Petroni.

Fóra deste horario, as visitas poderán facerse en calquera outro momento concertando unha visita privada no teléfono 630753448 ou no mail casadasperitas@gmail.com.

A Casa dás Peritas é unha vella casa de pedra situada na aldea de Mallas, Fisterra, rehabilitada recentemente como vivenda, estudo de arte e eventual espazo expositivo, que conserva o seu nome do alcume co que na aldea eran coñecidas as últimas habitantes da casa, As Peritas, fillas do perito agrimensor que a construíu a principios do século XIX.

CARA2.jpg

OPEN STUDIO 2018: A EXPOSICIÓN

IMG_4601.jpg

A ARTE LUMÍNICA DE LUISA ÁLVAREZ

Por primeira vez o formato expositivo de A Casa das Peritas incorpora a figura da Artista convidada, unha sorte de convite a facer un dúo coa obra de Natasha Lelenco que permitirá achegar á Costa da Morte propostas artísticas insólitas e novidosas na contorna.

A artista convidada nesta ocasión é Luisa Álvarez, que emprega a luz como canle de comunicación e elemento plástico.

Tanto en proxectos individuais como exposicións colectivas, a súa obra foi exposta en espazos como La Neomudejar ou el Matadero (Madrid), o Museo Guggenheim ou Dambo-Brooklyn (Nova Iorke), Architectural Museum (Frankfurt), Fete des Lumieres (Lyon), I-light Marina Bay (Singapur) ou a Galería La Doce, en Boiro, coa que Natasha Lelenco e Luisa Álvarez estableceron a súa primeira colaboración na pasada edición de Hybrid Art Fair & Festival.

Deseñadora de iluminación arquitectural pola ETSAM e light artist con base en Madrid, Luisa é ademais fundadora de Travesías de Luz e creadora do blog Elogio de la Sombra y We Love Neon, empresa adicada á creación e comercialización de pezas de neón.

IMG_4625.jpg

NATASHA LELENCO, PINTURA E EDICIÓNS LIMITADAS

Natasha Lelenco (Chisinau, Moldavia 1982), Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Oradea. Actualmente traballa exclusivamente na produción de obra artística desde o seu estudio na Casa das Peritas.

De vocación figurativa, traballa todos os campos da imaxe: pintura, ilustración, fotografía e vídeo cun marcado interese pola narratividade da obra e a arte desde unha funcionalidade máxico-relixiosa.

Desde o ano 2012 realiza máis de 15 exposicións individuais, entre outras, no Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense), Sala Mitte (Barcelona), Hybrid Art-Fair & Festival (Madrid), Galería La Doce (Boiro), Os Catro Gatos (Santiago de Compostela) ou na Sala de Exposicións do Faro de Fisterra (A Coruña).

É autora dos libros Fin da Terra Costa da Morte, Casa das Peritas 2015 e o Gran Libro dos Señores Importantes, Casa das Peritas 2017, que formou parte dos proxectos seleccionados nas edicións 2018 de Arts Libris (Barcelona) e Librarte (Burgos).

VISITAR

A Casa abre todos os venres, sábados e domingos de 12:00h a 14:00h entre o 13 de xullo e o 2 de setembro.

Fóra deste horario pódese solicitar unha visita privada chamando ao 630753448 ou escribindo ao mail casadasperitas@gmail.com

A Casa está situda no núcleo da aldea de Mallas, nunha rúa de acceso estreito, polo que se se visita en coche se aconsella circunvalar a aldea e estacionar na entrada traseira da mesma, entre o núcleo de Vigo e Mallas, na proximidade dos contentores de lixo e acceder a rúa facendo unha breve camiñada.

Máis info, mapa e contacto, AQUÍ.

perittas.jpg

 

 

ADEUS AOS SEÑORES IMPORTANTES - GOODBYE TO THE BIGWIGS. BARCELONA - BURGOS

GAL

Este mes de abril imos de viaxe para decir adeus por todo o alto ao Gran Libro dos Señores Importantes:

21-22-23 Abril - Arts Libris Barcelona. Feria internacional del Libro de Artista y Edición Contemporánea. Arts Santa Mónica, Barcelona.

27-28-29 Abril - Librarte, Feria del Libro de Artista de Castilla y León. Monasterio de San Juan. Burgos.

Librarte acollerá, ademáis, a primeira presentación pública dos Iconos Familiares, edicións limitadas sobre madeira dalgúns dos orixinais do proxecto do mesmo nome.

Preme AQUÍ PARA MERCAR O LIBRO

EN

This month of April we will travell to say Goodbye to the Great Book of Important Lords:

21-22-23 April - Arts Libris Barcelona. International Book Fair of the Artist and Contemporary Edition. Arts Santa Monica, Barcelona.

27-28-29 April - Librarte, Trade Fair of the Artist of Castilla y León. Monastery of San Juan. Burgos.

Librarte will also host the first public presentation of Familiar Icons, limited editions on wood of some of the originals of the project with the same name.

You can buy the book HERE.

Cránios Privilexiados -Santiago de Compostela- 24,25,26,27 JAN

Estrea no Teatro Principal de Santiago de Cránios Privilexiados, o novo espectáculo de Mofa e Befa producido por Producións Excéntricas baixo a dirección de Carlos Santiago e a dirección de arte, vestiario, escenografía e imaxe de Natasha Lelenco.

+ info en http://www.excentricas.net/gl/

Premiere at the Teatro Principal of Santiago de Compostela, "Cránios Privilexiados", the new show by the galician company Mofa and Befa produced by Producións Excéntricas under the direction of Carlos Santiago and the art direction, costume, set design and image of Natasha Lelenco.

+ info at http://www.excentricas.net/gl/

 

cranios_carrusel

Hybrid Art Fair - Madrid- 23,24, 25 FEB

O 23, 24 e 25 de Febreiro participaremos na 2ª Edición de Hybrid Art Fair & Festival, no Hotel Petit Palace Santa Bárbara (Plaza de Santa Bárbara 10, Madrid). Farémolo en colaboración con La Doce, Espacio de Arte e compartindo espazo con Endika Basaguren, Luisa Álvarez e Luís Melón Arroyo.

On February 23, 24 and 25 we will participate in the 2nd Edition of the Hybrid Art Fair & Festival at the Hotel Petit Palace Santa Bárbara (Plaza de Santa Bárbara 10, Madrid). We will do it in collaboration with La Doce, Space of Art and sharing space with Endika Basaguren, Luisa Álvarez and Luis Melón Arroyo.

COVERWEB02.jpg