ARTE E VERMÚ NA CASA DAS PERITAS. OPEN STUDIO CON NATASHA LELENCO E LUISA ÁLVAREZ DE 13/07 A 02/09

cartaz con petroniweb.jpg

GAL // ES

Este verán, A Casa das Peritas (Mallas, Fisterra) volve abrir as súas portas, nesta ocasión cunha proposta expositiva que amosa últimos traballos de Natasha Lelenco (Chisinau-Fisterra) e a arte lumínica de Luisa Álvarez (Madrid-Ourense).

A mostra pode visitarse do 13 de xullo ao 2 de setembro os venres, sábados e domingos entre as 12:00 h e as 14:00 h. O Open Studio quere ser unha proposta artística que vai mais alá do visual e que completará a experiencia co sabor do vermú. Vermutería de Galicia patrocina a exposición convidando aos visitantes a maridar a experiencia artística co sabor dos seus vermús St. Petroni.

Fóra deste horario, as visitas poderán facerse en calquera outro momento concertando unha visita privada no teléfono 630753448 ou no mail casadasperitas@gmail.com.

A Casa dás Peritas é unha vella casa de pedra situada na aldea de Mallas, Fisterra, rehabilitada recentemente como vivenda, estudo de arte e eventual espazo expositivo, que conserva o seu nome do alcume co que na aldea eran coñecidas as últimas habitantes da casa, As Peritas, fillas do perito agrimensor que a construíu a principios do século XIX.

CARA2.jpg

OPEN STUDIO 2018: A EXPOSICIÓN

IMG_4601.jpg

A ARTE LUMÍNICA DE LUISA ÁLVAREZ

Por primeira vez o formato expositivo de A Casa das Peritas incorpora a figura da Artista convidada, unha sorte de convite a facer un dúo coa obra de Natasha Lelenco que permitirá achegar á Costa da Morte propostas artísticas insólitas e novidosas na contorna.

A artista convidada nesta ocasión é Luisa Álvarez, que emprega a luz como canle de comunicación e elemento plástico.

Tanto en proxectos individuais como exposicións colectivas, a súa obra foi exposta en espazos como La Neomudejar ou el Matadero (Madrid), o Museo Guggenheim ou Dambo-Brooklyn (Nova Iorke), Architectural Museum (Frankfurt), Fete des Lumieres (Lyon), I-light Marina Bay (Singapur) ou a Galería La Doce, en Boiro, coa que Natasha Lelenco e Luisa Álvarez estableceron a súa primeira colaboración na pasada edición de Hybrid Art Fair & Festival.

Deseñadora de iluminación arquitectural pola ETSAM e light artist con base en Madrid, Luisa é ademais fundadora de Travesías de Luz e creadora do blog Elogio de la Sombra y We Love Neon, empresa adicada á creación e comercialización de pezas de neón.

IMG_4625.jpg

NATASHA LELENCO, PINTURA E EDICIÓNS LIMITADAS

Natasha Lelenco (Chisinau, Moldavia 1982), Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Oradea. Actualmente traballa exclusivamente na produción de obra artística desde o seu estudio na Casa das Peritas.

De vocación figurativa, traballa todos os campos da imaxe: pintura, ilustración, fotografía e vídeo cun marcado interese pola narratividade da obra e a arte desde unha funcionalidade máxico-relixiosa.

Desde o ano 2012 realiza máis de 15 exposicións individuais, entre outras, no Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense), Sala Mitte (Barcelona), Hybrid Art-Fair & Festival (Madrid), Galería La Doce (Boiro), Os Catro Gatos (Santiago de Compostela) ou na Sala de Exposicións do Faro de Fisterra (A Coruña).

É autora dos libros Fin da Terra Costa da Morte, Casa das Peritas 2015 e o Gran Libro dos Señores Importantes, Casa das Peritas 2017, que formou parte dos proxectos seleccionados nas edicións 2018 de Arts Libris (Barcelona) e Librarte (Burgos).

VISITAR

A Casa abre todos os venres, sábados e domingos de 12:00h a 14:00h entre o 13 de xullo e o 2 de setembro.

Fóra deste horario pódese solicitar unha visita privada chamando ao 630753448 ou escribindo ao mail casadasperitas@gmail.com

A Casa está situda no núcleo da aldea de Mallas, nunha rúa de acceso estreito, polo que se se visita en coche se aconsella circunvalar a aldea e estacionar na entrada traseira da mesma, entre o núcleo de Vigo e Mallas, na proximidade dos contentores de lixo e acceder a rúa facendo unha breve camiñada.

Máis info, mapa e contacto, AQUÍ.

perittas.jpg