Entre o desexo individual e o desexo colectivo hai unha batalla non sempre visible pero que deixa feridas de guerra e danos colaterais alá por onde pasa. A serie sitúa como escenario deste campo de batalla unha mesa de banquete que puidese ser calquera: a celebración dun evento familiar, a comida do domingo, un encontro entre amigos… Un banquete calquera que serve de pretexto para traer á mesa (nunca mellor dito) o modo en como os desexos, individuais e colectivos, públicos e segredos, conscientes e inconscientes, maniféstanse e crúzanse. Os Comensais son personaxes que loitan por facer soportable o estar onde están: a cadeira como cadea, a mesa como marco identitario imposto.
Da inhibición á exhibición, da prohibición, cohibición á coacción… O individuo e o grupo, a liberdade, o poder e a autonomía, do retrato, ao bodegón, á paisaxe. Todo é o mesmo.

comensaiss.jpg