Fetiches

Acrilico e óleo sobre lenzo, 50x70cm, 40x50cm e 60x200cm 2022, 2021

GAL/

Fetiches. Re-arranxar os recordos


Esta mostra reúne pezas que fun madurando e amosando de xeito parcial en varias exposicións. Denomínoas Fetiches pois incorporan representacións de obxectos, flores e retratos de natureza Kitsch que acompañaron a miña infancia. Son obxectos que aínda conservo nalgún caixón da vivenda actual ou simplemente reviven na miña memoria e regresan nos meus soños. Como pasa cos soños, que axudan a ordenar ideas, pensamentos e sucesos, os meus Fetiches non buscan máis que recolocar estes recordos para lle dar novas e desenfadadas formas, cheas de cor, exuberancia vexetal máis tamén androxinia e emojis.

As ideas máis relevantes que me guiaron nestas pezas son o paralelismo entre a morte da miña nai e a metáfora da nai cómo sistema político comunista cuxa morte tamén tivo o seu papel na miña infancia, máis tamén a idea de que a memoria e o relato persoal son expostos á desaparición ou transformación como os seres vivos. Isto explica a morfoloxía e as representacións das pezas: retratos costruidos de recordos consumados entre maleza, flores, bichos e insectos.

A serie de "Fetiches" xorde nun momento no que confluíron dúas circunstancias particulares e unha global: a reconexión co meu pasado logo dunha viaxe de ida e volta ao meu país de orixe, Moldavia; a instalación nunha nova vivenda e cun obradoiro de traballo no que recuperei a afección que a miña nai tiña por coidar plantas de interior e a situación global de crise sanitaria co fondo da crise climática que o atravesa todo.

No contexto destas circunstancias, afondei no meu interese por un dos aspectos máis desprezados da arte, o Kitsch, a arte popular, o mal gusto. Coa súa aparente trivialidade e obsolescencia, o Kitsch é tanto técnica como esteticamente un dos signos máis representativos da modernidade (e da pos-modernidade, of course), un produto máis dun momento histórico no que a beleza é socialmente distribuída como calquera artigo adscrito a leis de mercado.

O Kitsch é en si mesmo evocación do pasado, un xeito de idealización que conecta moito coa forma na que adoitamos construír o relato da infancia e, nesta medida,  conecta coa intrahistoria da miña formación visual, e como non, coa de todas. Na miña casa, como nas demais casas do Chisinau soviético, un humilde apartamento de 43 metros cadrados, podería faltar de todo, pero non os bibelots, reproducións de pinturas dos museos Hermitage ou Tretyakov a toda cor, plantas exóticas, tapices e demais obxectos de ganga que a nosa mirada enchía de sentido e de valor e que hoxe poñen imaxe á nosa memoria daquel tempo.

Non deixa de ser interesante a fascinación por estes obxectos de raizame cultural coma se foran unha necesidade irrenunciable para familias en situación de precariedade económica, en tanto que elementos imprescindibles para crear fogar e sentimento de pertenza naqueles cubos grises de formigón da arquitectura civil que habitaban.

Estas pezas están construídas con imaxes persistentes da miña memoria e conforman, a partir do fetichismo arredor de obxectos, flores e retratos, un xeito de mapas do tesouro, mapas que, se cadra, non levan a lugar ningún, pero cos que pretendo entrever a volatilidade do que entendemos por beleza e a existencia de territorios libres, desprexuizados e desexosos de cor, que parten do popular e que, dalgún xeito, son os que definen a imaxe dunha época.

ES/

Fetiches. Re-arreglar los recuerdos

Esta muestra reúne piezas que fui madurando y mostrando de manera parcial en varias exposiciones. Las denomino Fetiches pues incorporan representaciones de objetos, flores y retratos de naturaleza Kitsch que acompañaron mi infancia. Son objetos que aún conservo en algún cajón de la vivienda actual o simplemente reviven en mi memoria y regresan nos mis sueños. Como pasa con los sueños, que ayudan a ordenar ideas, pensamientos y sucesos, mis Fetiches no buscan más que reubicar estos recuerdos para darle nuevas formas, llenos de color y exuberancia vegetal, pero también androginia y emojis.

Las ideas más relevantes que me guiaron en estas piezas son el paralelismo entre la muerte de mi madre y la metáfora de la madre cómo sistema político comunista cuya muerte también tuvo su papel en mi infancia, así como la idea de que la memoria y el relato personal son expuestos a la desaparición o transformación como los seres vivos. Esto explica la morfología y las representaciones de las piezas: retratos construidos de recuerdos consumados entre maleza, flores, bichos e insectos.

La serie de "Fetiches" surge en un momento en el que confluyeron dos circunstancias particulares y una global: la reconexión con mi pasado luego de un viaje de ida y vuelta a mi país de origen, Moldavia; la instalación en una nueva vivienda y con un taller de trabajo en el que recuperé la afición que mi madre tenía por cuidar plantas de interior y la situación global de crisis sanitaria con el fondo de la crisis climática que lo atraviesa todo. En el contexto de estas circunstancias, ahondé en mi interés por uno de los aspectos más despreciados del arte, el Kitsch, el arte popular, el mal gusto. Con su aparente trivialidad y obsolescencia, el Kitsch es tanto técnica como estéticamente uno de los signos más representativos de la modernidad (y de la polvos-modernidad, of course), un producto más de un momento histórico en el que la belleza es socialmente distribuida cómo cualquier artículo adscrito la leyes de mercado. El Kitsch es en sí mismo evocación del pasado, una manera de idealización que conecta mucho con la propia forma de construir el relato de la infancia y, en esta medida, conecta con la intrahistoria de mi formación visual, y como no, con la de todas. En mi casa, como en las demás casas del Chisinau soviético, un humilde apartamento de 43 metros cuadrados, podría faltar de todo, pero no los bibelots, reproducciones de pinturas de los museos Hermitage o Tretyakov a todo color, plantas exóticas, tapices y demás objetos de ganga que nuestra mirada llenaba de sentido y de valor y que hoy ponen imagen a nuestra memoria de la época. No deja de ser interesante la fascinación por estos objetos de raigambre cultural como una especie de necesidad irrenunciable para familias en situación de precariedad económica, en tanto que elementos imprescindibles para crear hogar y sentimiento de pertenencia en aquellos cubos grises de hormigón de la arquitectura civil que habitaban. Estas piezas están construidas con imágenes persistentes de mi memoria y conforman, a partir del fetichismo alrededor de objetos, flores y retratos, una manera de mapas del tesoro, mapas que, a lo mejor, no llevan a lugar ninguno, pero con los que pretendo entrever la volatilidad de lo que entendemos por belleza y la existencia de territorios libres, sin prejuicio y deseosos de color, que parten de lo popular y que, de alguna manera, son los que definen la imagen de una época.