Moedas de Cambio

 Acrílico, cravos, grapas, parafusos, transferencia e posca sobre madeira, 26X26cm, 2019-2024

GAL/

A moeda e a estranxeiría son conceptos tan antigos como a historia da humanidade. O primeiro outorga privilexios mentres que o segundo denégaos pero ambos edifican as basas da sociedade. En contraposición á imaxe que desde séculos decora a moeda e que adoita ser a representación dun referente nacional, as miñas moedas exhiben perfís anónimos, similares pero heteroxéneos. Son moedas de madeira intervidas con materiais económicos como condición inherente á estranxeiría que a modo de ruído humano reproducen á unísono frases desconcertantes. Trátase de testemuños persoais, ás veces tristes, recollidos de estranxeiras e estranxeiros en Europa, pero tamén de confusións cómicas que definen o ¨non ser de aquí¨. Estas moedas son ademais valor de cambio para a miña obra futura, propoñendo deste xeito un xogo (tamén económico!) con quen o desexe e unha reflexión sobre o útil (ou inútil) da creación plástica: unha serie de antimonedas que negan o principio básico do intercambio: o valor único de referencia.

ES/

La moneda y la extranjería son conceptos tan antiguos como la historia de la humanidad. El primero otorga privilegios mientras que el segundo los deniega pero ambos edifican las basas de la sociedad. En contraposición a la imagen que desde siglos decora la moneda y que suele ser la representación de un referente nacional, mis monedas exhiben perfiles anónimos, similares pero heterogéneos. Son monedas de madera intervenidas con materiales económicos como condición inherente a la extranjería que a modo de ruído humano reproducen al unísono frases desconcertantes. Se trata de testimonios personales, a veces tristes, recogidos de extranjeras y extranjeros en Europa, pero también de confusiones cómicas que definen el ¨no ser de aquí¨. Estas monedas son además valor de cambio para mi obra futura, planteando de este modo un juego (¡también económico!) con quien lo desee y una reflexión sobre lo útil (o inútil) de la creación plástica: una serie de antimonedas que niegan el principio básico del intercambio: el valor único de referencia.