PRESENTACIÓN DE "OS COMENSAIS" EN HYBRID ART FAIR 2019 - MADRID. 1,2,3 MARZO

Participamos un ano máis na Semana das Artes de Madrid coa primeira presentación pública de “Os Comensais”. O proxecto co que estaremos na Habitación 108 do Hotel Petit Santa Bárbara (Praza Santa Bárbara nº10), está comisariado en colaboración con Casa das Peritas e galería La Doce, Boiro, e coa coa participación dos artistas María Magán, Luisa Álvarez e Luís Melón Arroyo. Unha montaxe que xira arredor da idea do desexo e que articula o traballo dos catro artistas desde unha pregunta catalizadora: E vostede, que desexa?

A Feira exporá nesta edición 35 proxectos comisariados por galerías e espazos híbridos procedentes de lugares como China, Xapón, Ucraína, Italia, Colombia ou Alemaña, entre outros. Toda a info e programa completo de expositores en http://www.hybridartfair.com/

43609985_566224710478624_3976045830875381760_o.jpg