13/07/19 INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DE VERÁN CASA DAS PERITAS

A Casa das Peritas abrirá as súas portas o vindeiro sábado 13 de xullo cunha exposición colectiva que incluirá a escultura de José Perozo (Vigo 1978) e a arte textil de María Magán (Boiro 1984) xunto co traballo pictórico de Natasha Lelenco (Chisinau 1982), impulsora do proxecto..

A exposición invadirá boa parte do espazo arquitectónico da vivenda e do xardín e poderá visitarse en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h todos os sábados e domingos de verán entre o 12 de xullo e o 21 de agosto.

A entrada é de balde e o evento conta coa colaboración de Vermutería de Galicia, que convida a maridar a experiencia artística proposta polos tres artistas cos seus vermús Petroni.

A inauguración da mostra será o sábado 13 de xullo a partir das 19:00h. A entrada é de balde e pode solicitarse contactando no 630753448 ou a través do seguinte formulario de contacto que atoparán AQUI

web.jpg